jueves, septiembre 07, 2006

Traballar no PRAHP

Hoxe quixera escribir máis en extenso sobre a labor que desempeñarei durante estos tres meses, ademáis deixo aquí unha boa dirección web na que se pode atopar intersante información da labor que o PRAHP realiza. A restauración e reutilización dos espazos históricos de Potosí para os seus habitantes, é o fin perseguido. http://www.aeci.int.bo/

Reparto o meu día de traballo, que comeza as 8:30, entre a sede do PRAPH e o arquivo da “Casa de la Moneda”, na que me tiven que inscribir como investigadora temporal. O obxectivo é revisar e completar as carencias históricas que teñan os estudios arquitectónicos e de patrimonio feitos polo PRAHP dentro do Plan Maestro. O certo é, que o bó facer do equipo permíteme que o traballo non sexa inabarcable e menos que este teña que partir de cero.

Ainda estamos na fase de deseño nas posibilidades de estudo, pero a liña de investigación principal é analiza-los cambios urbanos que a cidade de Potosí sufriu ó longo da Historia. Unha das alteracións fundamentales foi a creada polo comercio da prata, sen dúbida un gran transformador da estética da vila potosina. Criollos e mitayos (man de obra indíxena para a extracción mineira) conviviron nun tempo pero distribuidos no espacio de xeito que a confusión non fose posible.

O material da “Casa de la Moneda” de Potosí, e a conservada no Arquivo Nacional de Sucre será a base documental da investigación. Afortunadamente e moi ó contrario co que soe pasar nun estudo, os froitos comenzan a ser visibles.

Non quixera deixar de comentar dous aspectos que me chaman moito a atención, o primeiro é a inmensa amabilidade do persoal de ambos arquivos, e que se pode extender ó país enteiro, de feito, ser agadable en Bolivia non é que sexa obrigado e que lles nace, con naturalidade sen máis.

En segundo lugar, e a propósito dunha tertulia cunha avogada interesada en cómo funcionaban en España as autonomías, falarei da inquedanza política que aquí se respira. Teño a sorte de estar a vivir unha etapa especial para os bolivianos, xa que están refundando o seu país a través dunha nova constitución. O proxecto foi refrendado por unha ampla maioría, e a “Constituyente”, será a encargada de acorda-lo novo texto. A tensión dos seus membros, a expectación do país e a posibilidade dunha maior autonomía departamental son os temas diarios de conversa.

1 Comments:

At 09 septiembre, 2006, Anonymous Anónimo said...

Te agradezco que hagas el esfuerzo de ir comentando tu experiencia desde los inicios, porque supongo que no será fácil hacerlo con una altura y una climatología tan adversa ¿es asi? ¿nos puedes contar algo de eso? Leo con interés tus informaciones que resultan cálidas pero instructivas.

 

Publicar un comentario

<< Home