domingo, septiembre 24, 2006

Adobe e cal

Despois de catrocentos anos de inventar e reinventar os mil e un modos de construír da forma máis moderna e mellor, resulta que o humilde señor adobe e a sinxela señora cal, empregados para o levantamento de edificios no Potosí colonial, aínda que non exclusivamente, volven a ser reclamo de arquitectos e constructores como elementos fundamentais dunha edificación de máxima calidade, vaia, óptima por dicilo nunha palabra.

Pois si, o adobe é resistente coma el soliño, é barato e tamén sinxelo de manter, pola outra banda a cal deixa respirar os muros, evitando á súa vez a producción de humidade. Se cadra estes datos poden parecer informacións menores, de escaso interese no eido da cooperación e o desenrolo, e máis parece que levar un mes traballando con arquitectos está deixando pegada en min. Sen embargo, poderíamos conta-la cantidade de veces -moitas- nas que proxectos de construcción de fogares, ou de mellora da habitabilidade acaban en terrible fracaso, ben por non atender ás necesidades reais da poboación, ben por empregar materiais que nada teñen que ver coa xeografía e condicións de vida do lugar.

Os obxectivos xerais e específicos da cooperación española con respecto ó Patrimonio Cultural son:
“Loita contra a pobreza e mellora da calidade de vida a través da recuperación, posta en valor e xestión sostible do Patrimonio Cultural. Rehabilitación, conservación e posta en valor do Patrimonio Cultural Tanxible e Intanxible das áreas onde intervén para proxecta-lo como medio de desenrolo das sociedades depositarias do mesmo”

As líneas de actuación da mesma son, as Escolas Taller (ou formación ocupacional en oficios relacionados coa conservación e restauración do Patrimonio Cultural, no rescate de mozos de escasos recursos e sen acceso á educación formal), Plans de Rehabilitación das Áreas Históricas, -aclaro novamente que no de Potosí, PRAHP, traballo eu, (son oficiñas técnicas de apoio ás institucións locais para a posta en valor e xestión sostible do Patrimonio Cultural, Centros Históricos ou Áreas Patrimoniais, realizando actividades como: Plans Mestres, redacción de proxectos e supervisión de obras de rehabilitación e espacios públicos, plans de mellora de vivenda e imaxe urbán, así como campañas de sensibilización e educación patrimonial) e Proxectos Pilotos (rehabilitación de inmobles e espacios públicos singulares derivados da planificación e estudo das necesidades das poboacións intervidas.

A continuación algúns dos proxectos que foron ou se están levando a cabo polo PRAHP:diagnóstico do centro histórico da cidade de Potosí,regulamento de preservación das Áreas Históricas de Potosí, inventario dos bens inmobles, Plan de Mellora da imaxe urbán e vivenda en colaboración coa Junta de Andalucía, elaboración do proxecto e supervisión das obras de rehabilitación de:
-Teatro Omiste
-Inxenio San Marcos
-Nave da Compañía de Xesús
-Templo da Merced
-Colexio Santa Rosa
-Pavillón dos Oficiais Reais
-Catedral de Potosí
-Colexio Industrial Pichincha
-Hotel IV Centenario
-Redacción do Plan Mestre do Centro Histórico e da Ribeira dos Inxenios

1 Comments:

At 06 octubre, 2006, Anonymous Anónimo said...

¡Que importante e necesarios son os equipos de traballo do estilo no que estás en Potosí!. Canto traballo poderían realizar na nosa comunidade galega, evitando con elo as atrocidades (ainda que últimamente a cousa vai a menos) que se cometeron, na maioría dos casos por descoñecemento, por ter máis facilidades na utilización doutros materiais foráneos e pola falta de profesionáis preparados para aplicar as técnicas dos nosos antergos.
Poño por exemplo o que está pasando en moitas partes de Galicia, e concretamente nos Ancares, que se están deixando as fachadas das casas, coa pedra a vista, cando estas non foron concebidas con ese fin, senón que como moi ben ti comentas, tamén estaban recubertas cun mortero a base de cal que era tan beneficioso para a conservación das paredes.

 

Publicar un comentario

<< Home